Non hai produtos no carriño.
Cunca en gres moteado “Pingas”
25,00 €
Cunca en gres moteado da colección “Pingas”.
Esmalte transparente brillo con matices azulados que lembran á auga.
Feita a man, cada unidade é única.
6 dispoñibles
Descripción
Cunca en gres moteado decorada con debuxos de pingas pintadas con engobe.
O esmalte transparente brillo ten un toque azulado que, onde se acumula, crea manchas que recordan á auga. A textura moteada tamén se percibe nas mans cando se usa, non quedando só nun aspecto visual.
Cada cunca está feita a man, polo que as pingas, as manchas do esmalte e o moteado varían lixeiramente dunha peza a outra.
Detalles:
☼ Peza feita a man
☼ Cada unidade é única
☼ Apta para lavalouzas e microondas
☼ Esmaltada con esmalte transparente brillo azulado
Medidas aproximadas:
☼ Altura: 7 cm
☼ Diámetro exterior: 7,5
“Pingas” nace dun ano de choivas longas, onde a auga deixou marca. Cada cunca recolle algo desa memoria.











Reseñas
Aínda non hai valoracións.