Non hai produtos no carriño.
Mini Espiños – rosa
32,00 €
Pendentes artesanais con peche de botón en forma de estrela en prata de lei 925 e corazón de gres texturado con espiños en rosa. O modelo máis compacto, versátil e cómodo da colección (só 1,41 g). Feitos 100% a man en Galicia.
2 dispoñibles
Descripción
Pendentes mini Espiños
Descrición principal A versión máis sinxela e lixeira da colección. Combina un delicado botón superior en forma de estrela en prata de lei 925 cun corazón de gres en ton rosa, texturado a man con espiños nun rosa máis escuro.
Unha peza moi cómoda, pensada para quen busca un toque artesanal e orixinal para levar a diario sen renunciar ao carácter da cerámica.
Cada peza é única e pode presentar pequenas variacións na textura ou no ton propias do proceso artesanal.
Detalles: ☼ Peza feita a man no noso obradoiro en Galicia
☼ Peche de botón (estrela) e fornitura en prata de lei 925
☼ Súper lixeiros e pegados á orella (1,41 g por pendente)
Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.










Reseñas
Aínda non hai valoracións.